Sicarios venezolanos asasinan…

feliz-falsedad

 

Xa sabía eu que poñéndolle este título ao post ía ter éxito. Imos ao noso: uns sicarios asasinaron en Venezuela a un concelleiro do municipio de Mauroa e ao seu fillo cando voltaban á súa casa. O suceso pasou hai xa uns días, antes da desgraza do avión que tantas inútiles horas de televisión vén ocupando ultimamente.

Seguro que non escoitáchedes nada en ningún medio de comunicación sobre o asasinato, e iso que foi en Venezuela, o tema favorito da caverna mediática xunto cos biceps de Cristiano Ronaldo. Cal é o motivo da ausencia de repercusión?. Se estás intrighada/o por sabelo preme na ligazón: http://www.miamidiario.com/sucesos/venezuela/psuv/hijos/asesinados/encapuchados/concejal-/336036

 

 

 

 

Deixar un comentario