59 días en París

Mirade que cousas nos mandan á redacción. Deben pensar que somos uns roxos bolcheviques antisistema perroflautas deses.

Segundo a nosa fonte Hollande fixo isto no tempo que leva de mandato:

– Suprimiu 100% dos coches oficiais e poxounos; e o recadado destínase ao Fondo de Benestar para ser distribuído ás rexións co maior número de centros urbanos cos suburbios ruinosos.

– Fixo enviar un documento (doce liñas) a todos os organismos estatais dependentes da administración central no cal lles comunicaba a abolición dos “vehículos de empresa” desafiando de maneira provocativa e insultando aos altos funcionarios, con frases como “se un executivo que gaña 650.000 euros/ano non pode permitirse o luxo de comprar un bo coche cos seus ingresos do traballo quere dicir que é demasiado ambicioso, que é estúpido, ou que é deshonesto. O estado non necesita ningunha destas tres figuras”. Touchè. Fóra os Peugeot e os Citroen. 345 millóns de euros salvados de inmediato, e trasladados a crear (apertura 15 de agosto 2012) 175 institutos de investigación científica avanzada de alta tecnoloxía, asumindo a contratación de 2.560 mozos científicos desempregados “para aumentar a competitividade e a produtividade do estado”.

– Aboliu o concepto de paraíso fiscal (definido “socialmente inmoral”) e promulgou un decreto presidencial de urxencia establecendo unha porcentaxe do 75% de aumento na tributación para todas as familias que, netos, gañan máis de 5 millóns de euros ao ano. Con ese diñeiro (mantendo así o pacto fiscal) sen que iso afecte un euro ao orzamento, contratou a 59,870 licenciados desempregados, dos cales 6.900 desde o 1 de xullo de 2012, e logo outros 12.500 o 1 de setembro como profesores na educación pública.

– Privou á igrexa católica de subsidios estatais por valor de 2,3 millóns de euros que financiaban exclusivos colexios privados, e puxo en marcha (con ese diñeiro) un plan para a construción de 4.500 xardíns de infancia e 3.700 escolas primarias, iniciando un plan de recuperación do investimento na infraestrutura estatal.

– Estableceu o “bono-cultura” presidencial, un mecanismo que permite a calquera pagar cero impostos se se constitúe como cooperativa e abre unha libraría independente contratando polo menos dous licenciados desempregados da lista de desempregados, co fin de aforrar diñeiro do gasto público e realizar unha contribución mínima ao emprego e ao relanzamento de novas posicións sociais.

– Aboliu todos os subsidios gobernamentais ás revistas, fundacións e editoriais, substituíndoos por comités de “emprendedores estatais”” que financian accións culturais sobre a base da presentación de plans de negocio relacionados con estratexias de mercado avanzadas.

– Puxo en marcha un procedemento moi complexo no que ofrece aos bancos unha elección (sen impostos): Quen proporcione préstamos brandos a empresas francesas que produzan bens recibe beneficios fiscais, quen ofrece instrumentos financeiros paga unha tarifa adicional: tómalo ou o déixalo.

– Reduciu nun 25% o soldo de todos os funcionarios do goberno, o 32% de todos os deputados e o 40% de todos os funcionarios estatais de alto nivel que gañan máis de 800.000 € por ano. Con esa cantidade (ao redor de 4 millóns de euros) estableceu un fondo que ofrece garantías de benestar ás nais solteiras en condicións financeiras difíciles garantíndolles un salario mensual por un período de cinco anos, até que o neno vaia á escola primaria, e tres anos se o neno é maior. Todo iso sen modificar o equilibrio do orzamento.

Resultado: sorpresa!. O diferencial cos bonos alemáns caeu, por encantamento. Chegou a 101 (o español está viaxando polos 570 cando se escriben estas liñas). A inflación non aumentou. A competitividade da produtividade estatal incrementouse no mes de xuño por primeira vez en tres anos. ¿Hollande é un xenio da economía?.

Para @s curios@s, a información está tirada de: http://ecorepublicano.blogspot.com.es/2012/07/lo-que-hace-el-gobierno-socialista.html

Deixar un comentario